nov
26
2009

CONCURSOS LITERARIOS

Ben sabemos que de portas a dentro no IES de Trasancos pululan moitos creadores disfrazados de alumnos e de alumnas que só escriben mensaxes de twitter ou de facebook.
Sabemos tamén o interesante que resulta gañar premios e agasallos, en forma de diñeiro, de bolsas para estudos ou de cheques-regalo.
Só hai que poñerlle un pouco de imaxinación, unha miga de creatividade, algo de disciplina e ben aliñado con gramática, dicionarios e algunha opinión crítica… para cociñar unha fermosa historia feita poema ou relato curto.
Irémosvos comunicando onde podedes presentar as vosas creacións nesta páxina.
Aí vai algunha:
Concurso literario Rita Suárez Amado (de relato curto e de poesía). Máis info no seguinte sitio web:
 http://www.coruna.es/servlet/Satellite?p…

Nesta mesma páxina, atoparedes moitas outras convocatorias de cursos, bolsas de viaxe…

Written by docenteen: Interésanos a todos e a todas! |

2 Comentarios »

  • Román

    Grazas por agregar o Caderno de Lingua entre os vosos recomendados. “Abordotrasancos” xa conta tamén coa súa ligazón na miña categoría dedicada aos blogues de aula.

    Saúdos e feliz singradura pola rede

    Comentario | 26 novembro 2009
  • docente

    Román, a túa páxina, como xa che comentei nela mesma nalgunha ocasión, é sempre un referente. Oxalá o noso humilde labor puidese parecerse unha miguiña ao teu, sempre ilustrativo, interesante e entretido. Non vexas a cantidade de horas que o reviso para orientarme. Este será máis unha ferramenta da clase (ou iso agardamos) ca unha páxina da magnitude que alcanzan a doutr@s compañeir@s, pero o importante é botar a navegar con ilusión! Moitas grazas polo comentario, que estreases ti a páxina é toda unha honra!

    Comentario | 27 novembro 2009

Semente RSS para os comentarios desta anotación. URL do trackback

Deixa un comentario

funcionando en WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes