O blogue e a mala xestión
Ola a todos e a todas!!!!
Agardo que a volta ás clases vos estea resultando como agardabades e todo continúe marchando ben.
O día que remataron as clases unha persoa fíxose coas claves do blogue e colgou unha anotación que non viña ao conto, por desaxeitada e fóra de contexto. A min tamén me gustan os Herdeiros, pero xa teñen Myspace e vídeos no youtube e esas cousas, non fai falla darlles máis publicidade.
En canto á Estrella Galicia máis do mesmo, xa teñen moito márketing, non necesitan publicitarse nas páxinas dun caderno de bitácora dun instituto, aínda que moitos esteades ao bordo da maioría de idade, non vén ao caso tampouco.
A verdade é que colgar iso non me pareceu gracioso, pero cambiar as claves bastante menos. Pero como a informática é o que ten, xa está rastrexado de onde se colgou, día e hora… vaia, que non hai que ser do CSI para determinar quen foi.
Só agardo que coa madurez que acabará chegando sexa capaz de facer autocrítica e ver que esas bromas son de bastante mal gusto.
Un saúdo a todos e a todas e moito ánimo para a Selectividade!
Todos lemos algunha vez un libro que nos emocionou, que nos marcou, que nos fixo pensar, que nos mostrou outros mundos, que nos fixo rir, que nos fixo chorar…
Seguro que todos e todas vós gardades algún na vosa memoria. Ou, simplemente, seguro que lestes algún libro que vos foi útil ou que vos axudou nun momento determinado.
Algúns dos libros que marcaron a moita xente foron Polaroid, de Suso de Toro, un libro que tiraba pequenas fotos de realismo cotián cando non se tocaban algúns temas aínda na literatura xuvenil en galego; despois de ler Agosto do 36, un libro sobre a incidencia da guerra en Galicia a moitos enchéronselles os ollos de bágoas e levaron a rabia consigo durante varios días.
Con Dieste aprendeuse a vivir o medo e con Castelao a ter máis sensibilidade pola historia que nos tocou vivir.
Ultimamente, moita xente soubo apreciar a excelente maneira de contar que o xaponés Haruki Murakami desprega en libros coma Kafka en la orilla. Unha historia chea de metáforas, de sons, de imaxes e de acción que engancha desde o primeiro momento.
Lendo El abanico de seda, de Lisa See apréndese que nacer onde un nace é determinante para a vida que che vai tocar vivir. Algunhas das escenas que describe dan auténticos arrepíos…
Unha das opcións que tedes a golpe de clic para coñecer a Castelao é visitar o museo interactivo, que é moi completo e inclúe unha reprodución do Álbum Nós.

lectura, atoparedes sen problema todo o que se pide. Sabemos ademais que sodes uns grandes creadores, así que non teredes problema ningún.
Aos de 2º de BACH propuxémosvos unha lectura voluntaria e un traballo de reflexión sobre ela. Para elaborardes ese traballo cumpría un labor de síntese e lecturas variadas sobre diversos aspectos de sociolingüística que Séchu aborda en cada un dos seus relatos.